ZARA HOME BUSINESS
Dende o departamento de Zara Home Business proporcionamos soporte personalizado e constante a proxectos profesionais.
Apoiamos, orientamos e acompañamos o cliente en todas as fases do desenvolvemento.
O NOSO ENFOQUE ENGLOBA TRES ÁREAS:
ASESORAMENTO
Axudamos os nosos clientes na selección de produtos, explorando entre o noso amplo catálogo e coleccións, para encontrar aqueles que mellor se adapten á súa idea. Facilitamos toda a información necesaria e detallada sobre estes e as súas calidades. Ideamos xuntos conceptos de deseño e solucións de estilo.
COLABORACIÓN
Traballamos man a man cos nosos clientes, dando prioridade á súa visión e adaptándonos a cada concepto, estilo e necesidade. Queremos facer realidade o seu proxecto e actuamos como unha extensión do seu equipo co fin de aproveitar o tempo ao máximo: planificamos e executamos. A nosa atención é individualizada. Podemos levar a cabo producións especiais (medidas, cores...) e a personalización de artigos e produtos.
XESTIÓN
Coordinamos o proxecto de principio a fin brindando apoio, asistencia e supervisando en todo momento a produción. Traballamos habitualmente con tempos axustados e producións grandes, e sempre buscamos solucións a cada problema en particular identificando as mellores opcións para cada caso. Tamén xestionamos o transporte e a entrega, unificada e personalizada.
PONTE EN CONTACTO CONNOSCO
Chámanos ao noso teléfono gratuíto de atención personalizada 900 810 395 de luns a venres de 9:30 a 20:30.
Se o prefires, completa o seguinte formulario e poñerémonos en contacto contigo.