guía de compra
COMPRAR EN ZARAHOME.COM
A TÚA CONTA ZARA HOME
En Zara Home podes comprar como cliente convidado ou rexistrado.
Rexistrarse é moi sinxelo e os teus datos quedarán gardados na túa conta para futuras compras.
Se compras como convidado encontrarás todos os teus datos e os do teu pedido no correo de confirmación de pedido.
Se desexas eliminar a túa conta, ponte en contacto co noso Departamento de Atención ao Cliente.
ZARA HOME QR
Este código QR identifícate como usuario tanto en zarahome.com coma nas nosas tendas de Zara Home.
Con el poderás ver, dentro da túa conta de zarahome.com, as túas compras online e as que fixeses nas nosas tendas.
Se tes unha conta na nosa web e compraches como usuario rexistrado, todas as túas compras se vincularán automaticamente a este QR independentemente do dispositivo que utilizases (App, Web ou Web Mobile).
Nas nosas tendas, podes vincular as túas compras amosando este código QR en caixa. A compra vincularase á túa conta e terás alí gardado o tícket en formato electrónico.
Podes encontrar o QR do seguinte xeito:
- Na web ou web mobile: Abre a túa conta e vai á sección "Datos persoais", onde poderás visualizar o teu QR.
- Na App: O código será directamente visible ao acceder á túa conta.
Para consultar as túas compras, en calquera dispositivo, só tes que acceder a "A miña conta" e ir á sección "Compras". Na parte superior poderás ver as túas compras online e as túas compras en tendas.
MODIFICACIÓN OU CANCELACIÓN DO TEU PEDIDO
Ten en conta que só poderás solicitar modificacións ou cancelar o teu pedido se non se atopa nun estado de preparación avanzado.
A MIÑA LISTA DE PRODUTOS
Na túa LISTA poderás gardar e ter sempre a man os artigos que máis te gusten.
Para usar esta opción tes que estar rexistrado.
Na túa LISTA podes gardar os artigos que máis che gusten dándolle un click no corazón que podes ver en cada un dos artigos. Podes crear unha ou varias LISTAS e modificalas ao teu gusto.
Podes facer que a túa LISTA sexa pública e así poderás compartila a través dun enlace con quen ti queiras a través da opción "copiar enlace".
Se finalmente queres completar a compra terás que engadir os artigos á cesta e continuar cos pasos habituais.